Condicions de participacion

'

Condicións de participación

BASES ESPECÍFICAS DOS BONOS DE CONSUMO LOCAL “BUEU CONSUME LOCAL”

No contexto socioeconómico actual, marcado pola excepcionalidade da pandemia do coronavirus COVID-19 e a conseguinte declaración do estado de alarma polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, e as súas prórrogas, é vontade da Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu (en adiante ACIBU) fomentar a pronta recuperación da economía local a través da reactivación do consumo e a actividade empresarial.

Por este motivo, a presente asociación quere levar a cabo a posta á disposición da clientela de Bueu duns bonos de consumo local para a reactivación económica e social da localidade, cuxo uso dotará de liquidez aos autónomos, autónomas e microempresas, principal motor de desenvolvemento económico e alicerce fundamental do tecido empresarial de Bueu.

Estes bonos, impulsados desde ACIBU e coa colaboración da Concellería de promoción económica do Concello de Bueu, ten como principal obxectivo mitigar os efectos negativos que a pandemia ocasionou no seu tecido empresarial local, para así, deste xeito, acadar unha pronta recuperación económica.

As persoas profesionais autónomas e microempresas do sector comercio, constitúen a base fundamental sobre a que se sustenta a economía da vila. A súa sustentabilidade económica e viabilidade a curto prazo e, por ende, o mantemento e a creación de emprego a nivel local, resulta certamente moi difícil.

Así, ACIBU xunto co Concello de Bueu queren apoiar firmemente o traballo dos profesionais autónomos e das microempresas axudándolles a sacar adiante os seu proxectos laborais e Empresariais mediante a reactivación do consumo local na vila.

Por este motivo, resulta imprescindible e necesaria a posta en marcha dun instrumento público como é o “Bono de consumo local – BUEU CONSUME LOCAL”, en adiante BONOS, concibido como unha medida extraordinaria para axudar ao tecido empresarial a paliar os efectos económicos negativos derivados da pandemia da COVID-19, nas microempresas e persoas traballadoras autónomas do seu termo municipal.

PROXECTO

Os BONOS intégranse no Plan de protección do tecido social e económico e dentro da campaña BUEU CONSUME LOCAL!.

O obxecto da convocatoria é reactivar o sector comercial de Bueu incentivando a compra de proximidade para a superación dos efectos económicos negativos derivados da pandemia provocada polo COVID-19.

Xunto á aprobación dun paquete de axudas directas destinadas á restauración e hostalería de proximidade, a Concellería de Promoción Económica do Concello de Bueu pon en marcha, en colaboración con ACIBU, unha iniciativa consistente na emisión de bonos para o consumo nos negocios, establecementos comerciais da vila, contando co compromiso e colaboración de toda a cidadanía para a revitalización da actividade económica local.

FUNCIONAMIENTO

As bases reguladoras da iniciativa BONOS “BUEU CONSUME LOCAL” son as seguintes:

PRIMEIRA. CONTÍA A APORTAR POLO CONCELLO

O Concello de Bueu aportará inicialmente, sen prexuízo de ulterior ampliación, a cantidade de 50.000 euros para a cobertura das bonificacións do 30%* dos importes das compras realizadas no tecido empresarial local beneficiario da axuda recollido na base TERCEIRA e que se instrumentarán en formato electrónico a través dos soportes especificados na base SEXTA.

*= O disfrute dos bonos estará sempre supeditado á existencia de crédito no sistema.

SEGUNDA. DURACIÓN DA CAMPAÑA

O prazo para disfrutar dos descontos aplicados ao consumo local, será do 3 de Decembro ao 30 de Decembro de 2021, ambos inclusive*.

*= Se antes do 30 do decembro o crédito consúmese na súa totalidade, a campaña darase por finalizada.

TERCEIRA. SOLICITUDE E PROCESO DE ADHESIÓN Á CAMPAÑA

Os establecementos interesados en participar, deberán cumprimentar e presentar na forma e prazo indicados na BASE CUARTA o documento de adhesión á campaña BUEU EN LOCAL que estará á sua disposición na web https://bueuconsumelocal.gal.

Posteriormente, poderán ser requiridos para aportar a documentación seguinte:

  • Fotocopia do NIF/CIF.
  • Certificado de alta no IAE beneficiario.
  • Último recibo de autónomos de que se dispoña.
  • Certificado de conta bancaria.
  • Outra documentación: a organización resérvase o dereito de solicitar calquera outro documento que considere necesario para determinar a elixibilidade das solicitudes.

Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que teñan o seu IAE principal nalgún dos IAEs recollidos nas bases, e se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no artigo 10.1 e 10.4 do RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, ou nas súas modificacións aprobadas (RD 465/2020 e posteriores).

Grupo II: Que non se visen afectadas polo peche, pero cuxa facturación no ano 2020 se vira reducida, polo menos, nun 20% en relación coa facturación do ano 2019. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta o tempo esixido para a acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.

Para os efectos destas bases, para a consideración de microempresa atenderase ao indicado no anexo I do Regulamento.(UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial da Unión Europea. (DOUE) L 187, do 26 de xuño de 2014, segundo o cal a categoría de microempresa está constituída por aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de €

Actividades principais subvencionables

(segundo a clasificación de actividades do imposto sobre actividades económicas-IAE)

GRUPO I

651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción.

654.2 Comercio polo miúdo de accesorios e pezas de recambio para vehículos terrestres.

654.6 Comercio polo miúdo de cubertas, bandas ou bandajes e cámaras de aire para toda clase de vehículos.

656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, enxoval e útiles ordinarios de uso doméstico.

657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

659.2 Comercio polo miúdo de mobles de oficina e de máquinas e equipos de oficina

659.5 Comercio polo miúdo de artigos de xoiería, reloxería, pratería e bixutería

659.6 Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, pezas deportivas de vestido, calzado e tocado, armas, cartuchería e artigos de pirotecnia

659.9 Comercio polo miúdo doutros produtos non especificados nesta Agrupación, excepto os que deban clasificarse no epígrafe 653.9

662.2 Comercio al por menor de toda clase de artículos, incluyendo alimentación y bebidas, en establecimientos distintos de los especificados en el Grupo 661 y en el epígrafe 662.1.

Grupo 972. Salóns de peiteado e institutos de beleza.

Grupo 671. Servizos en restaurantes

Grupo 672. En cafeterías

Grupo 673. En cafés e bares con ou sen comida.

Grupo 676. Chocolaterías, xeladerías e horchaterías.

Grupo 973.1.- Servicios fotográficos.

GRUPO II

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.

642. Comercio polo miúdo de carnes e refugos; de produtos derivados cárnicos elabora¬dos: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.

643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.

644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produ¬tos lácteos.

645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.

647. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e bebidas en xeral (agás 647.4 e 647.5).

652. Comercio polo miúdo de medicamentos, artigos de drogaría e limpeza, perfumaría e cosméticos (agás 652.1).

659.3 Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos

659.4 Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelería e escritorio, e artigos de debuxo e belas artes.

659.7 Comercio polo miúdo de sementes, abonos, flores e plantas e pequenos animais

Grupo 691 Reparación de artigos eléctricos para o fogar, vehículos automóbiles e outros bens de consumo.

CUARTA. FORMA DE PRESENTACIÓN E PRAZO DA SOLICITUDE

Forma: A solicitude de participación polos establecementos beneficiarios presentarase a través da web https://bueuconsumelocal.gal

Prazo: o período de solicitude de adhesión á campaña por parte dos establecementos comerciais e de hostalería interesados comezará o día 8 ao 25 de novembro de 2021. Non se admitirán máis solicitudes a partir da data límite.

Posteriormente, na web https://bueuconsumelocal.gal publicarase o listado sectorizado con todos os participantes neste proxecto para facilitar aos usuarios a súa consulta.

QUINTA. OBRIGAS DO ESTABLECEMENTO ADHERIDO

A empresa adherida obrígase a:

  • a) Aportar, en tempo e prazo, a documentación que lle sexa requirida dende a organización.
  • b) Recibir e colocar os materiais informativos dos DESCONTOS BUEU CONSUME LOCAL nun lugar visible do establecemento.
    Dito material consistirá en:
    - Vinilos identificativos da iniciativa.
    - Carteis identificativos.
  • c) Facer un uso responsable das ferramentas e DESCONTOS evitando o uso fraudulento* dos mesmos.
  • d) Emitir as facturas das operacións bonificadas indicando o desconto aplicado a cada operación.
  • e) Emitir, nos 10 días posteriores á finalización da campaña, factura a ACIBU cos importes bonificados nas operacións realizadas.
  • f) Non bonificar operacións pagadas en efectivo cuxo importe supere os 30€.
  • g) Gardar copia das facturas ou tickets bonificados no seu establecemento.
*= Prohíbese expresamente canxear bonos por tarxetas regalo, vales compra, ou calquera outra figura análoga. O canxe de bonos conlevará obrigatoriamente a entrega, no acto, de bens ou o disfrute de servizos ofertados polo establecemento. Prohíbese expresamente o uso de bonos por parte das persoas titulares do establecemento ou de familiares de primeiro grao de consanguinidade no seu propio establecemento, así como das persoas traballadoras do mesmo. Estas prohibicións non son excluintes de calquer outra causa de uso fraudulento que a organización poida detectar no transcurso da campaña. Entenderase como causa fraudulenta calquer actuación que vulnere o principio de incentivar o consumo local nos establecementos participantes.

SEXTA. CARACTERÍSTICAS E CONDICIÓNS DOS DESCONTOS

Condicións xerais dos DESCONTOS
  • a. Desconto por operación do 30% sobre operacións de mínimo 10€.
  • b. Data de inicio de uso dos bonos: 3 de Decembro de 2021.
  • c. Data límite de uso dos bonos: 30 de Decembro de 2021.
  • d. Tódalas operación deberán ir ligadas a un ticket ou factura de compra.
  • e. Tódalas operación estarán supeditadas á existencia de crédito no sistema para ser validadas.
  • f. Tódalas operacións deberán ser comprobables mediante xustificante de pagamento con validez legal, preferiblemente por medios electrónicos.
Condicións particulares dos DESCONTOS para clientes.
  • a. Deberán presentarse os DNI ou NIE orixinais e vixentes no momento da compra.
  • b. Non poderán obterse descontos con DNI de menores de idade.
  • c. Desconto máximo acumulable por DNI ou NIE orixinal de 75€.
  • d. O rexistro na campaña non supón unha reserva de crédito para o cliente.
  • e. O rexistro na campaña non supón a percepción de cantidade económica alguna por parte dos clientes.
  • f. O rexistro dos bonos realizarase a través da plataforma dixital habilitada a tal efecto na web https://bueuconsumelocal.gal. No seu caso, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu(ACIBU) prestará asistencia personalizada no uso dos medios electrónicos, para o rexistro das persoas que a precisen.
  • g. As persoas beneficiarias dos bonos obríganse a gardar as facturas ou tickets de compra das operacións bonificadas.
  • h. Tódalas operacións deberán ser comprobables mediante xustificante de pagamento con validez legal, preferiblemente por medios electrónicos.
  • i. A creación fraudulenta de usuarios/as pola mesma persoa ou grupo de persoas será motivo automático de expulsión da campaña así como do inicio das accións legais pertinentes contra a persoa infractora por falsidade documental e estafa.

Dita asistencia prestarase nas instalacións de ACIBU sitas en Avda de Vigo 91-Baixo (Cangas do Morrazo) ou telefónicamente a través do 986305000, en ámbolos casos no horario de apertura ao público da mesma.

No seu caso, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu prestará asistencia personalizada no uso dos medios electrónicos, para o rexistro das persoas que a precisen.

Condicións particulares dos DESCONTOS para establecementos.
  • a. Establécese un límite máximo de #1.450€# bonificados por establecemento comercial * (límite suxeito a disponibilidade orzamentaria).
  • b. Establécese unha reserva de crédito de #800€#* por establecemento participante.
  • c. O establecemento comercial obrígase a non bonificar operacións en efectivo que superen os 30€ de gasto.
  • d. O establecemento participantes obríganse a emitir factura ou ticket de compra por cada operación bonificada.
  • d. O establecemento comercial obrígase a indicar no ticket ou factura o importe do desconto realizado.
  • e. O establecemento comercial deberá gardar os tickets ou facturas de compra bonificadas un mínimo dun ano dende a sua emisión.
  • f. O establecemento comercial deberá comprobar a identidade do cliente mediante a presentación do DNI deste.
  • g. Non está permitido o canxe de bonos por cheques compra e/ou otras figuras análogas.
  • h. O establecemento comercial farase responsable das operacións fraudulentas que tivesen lugar por non cumprir coa obriga establecida no punto anterior.
  • i. No caso de devolución dunha operación bonificada, o establecemento escollerá se reintegra o bono ou emite un vale compra polo total do importe da compra (cantidade pagada polo cliente + cantidade bonificada). No caso de optar polo reintegro do bono na tarxeta do cliente, o importe a devolver será unicamente o pagado polo cliente.
*= A cantidade poderá minorarse se o número de empresas rexistradas impide acadar dita cantidade.
Soportes dos bonos

Os bonos utilizarán o sistema de saldos electrónicos da tarxeta de fidelización de comercio local, adaptado por ACIBU ás necesidades e deseños do presente proxecto. As tarxetas emitidas serán tarxetas dixitais.

Funcionamento da tarxeta “Bueu consume local”
  • a. O cliente deberá entrar na web https://bueuconsumelocal.gal dende a que poderá rexistrar, mediante nome e DNI, o seu usuario na plataforma. Unha vez finalizado o procedemento recibirá as claves de acceso para obter a súa tarxeta en formato dixital ligada ao seu DNI a través da web https:\\www.bueuconsumelocal.gal
  • b. O cliente poderá acudir ao establecemento comercial (previamente rexistrado na campaña) a realizar as súas compras, podendo descontar, do importe da compra, o 30% do importe da compra correspondente ata o límite de 75€.

Para elo, o comerciante, entrará na sua área privada na web https://bueuconsumelocal.gal e, unha vez identificado ao usuario beneficiario, aplicará o correspondente desconto ao importe da compra. Automáticamente o sistema devolverá a operación descontada ou un aviso no caso de que o bono do cliente se atope esgotado.

SÉTIMA. PROCEDEMENTO DE RECEPCIÓN DOS IMPORTES DESCONTADOS POR PARTE DOS ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS

Quincenalmente, e previa solicitude por parte do establecemento participante, procederase a realizar unha liquidación parcial ao establecemento contra a conta na que se cargan os saldos canxeados. A organización resérvase o dereito a comprobar as operacións que sexan necesarias previo ao libramento deste pago. Para efectuar a liquidación parcial será indispensable que o establecemento participante emita a ACIBU a correspondente factura polas operacións bonificadas no período.

Unha vez rematada a campaña e realizadas as comprobacións oportunas pola organización, así como emitidas as facturas polas empresas participantes, o sistema procederá ás liquidacións dos importes bonificados (totais ou parciais restantes no caso de teren realizado liquidación previa) aos números de conta especificados polas empresas no seu rexistro no sistema.